domingo, 22 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

Despois dun riquísio xantar especial de Nadal e da visita do esperado Papá Noel, os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela fixeron a dixestión ao ritmo dos tambores. Nin mais nin menos que un obradoiro de percusión, ofertado polo Concello de Monfero, que tivo lugar no pabellón polideportivo a tarde do xoves 19 de decembro de 2013. O mellor de todo é que unha vez máis o alumnado do noso cole exhibe as súas dotes artísticas e musicais. Foron varios os nenos/as que trataron de repetir os ritmos que os músicos ían ensinando, e de paso experimentar nas sonoridades de tan diversos instrumentos.





BAILE MODERNO

ZARZUELA

Xoves 19 de decembro de 2013.





miércoles, 27 de noviembre de 2013

NOËL JAZZ

E xa con este tema damos por finalizado o repertorio para Nadal. A petición de Tita, a profe de Francés, que traballará cos seus alumnos e alumnas para aprender o texto desta panxoliña. Ide afinando o oído para perfeccionar a vosa pronunciación, e coidando as vosas cordas vogais... xa que elexiremos un/unha solista... Para todos os demais, aquí penduramos a partitura para facer o acompañamento instrumental. Ánimo.



martes, 26 de noviembre de 2013

MELENDI

O seu nome completo é Ramón Melendi Espina. A súa especialidade na música é a rumba con influencias rock, o flamenco e o pop. Ten vendidas máis de un millón de copias dos seus discos, e, aínda que sexa unha curiosidade, foi a clase co piloto de fórmula 1 Fernando Alonso, ao que lle ten dedicada unha canción chamada "Magic Alonso". Se queredes coñecer un pouquiño máis a traxectoria deste cantante español, nun dudedes en consultar a presentación que realizaron as alumnas Sandra e Yaiza (4º de ESO), unha apasionada de Melendi. 



AURYN

Son xóvenes, talentosos e moi, moi guapos... Así os presentaron Sandra e Yaiza (4º da ESO) na súa exposición oral. Sabemos que teñen moito éxito na actualidade, pero se queredes indagar na traxectoria desta banda, aquí vos penduramos o power point en PDF realizado por estas dúas alumnas que son unhas auténticas fans de Auryn.

Engadimos tamén a presentación de Antía e Laura (3º da ESO) que tamén son grandes admiradoras deste grupo musical. 



martes, 19 de noviembre de 2013

COLOR ESPERANZA

Pois seguimos coas peticións... Esta vai para os alumnos/as de 1º da ESO. Aquí tendes pendurada a partitura da canción "Color esperanza", ese fermoso tema interpretado por Diego Torres. Está ben completiña, a melodía (para os/as que a queran ir mirando na frauta), os acordes (para os/as máis avanzadillos/as que se atrevan a tocala na guitarra) e a letra, para os/as que opten pola opción máis simple.


 

ALWAYS ON MY MIND


Pois esto continúa con peticións... A última da profe de inglés, Carmen Gancedo, que nos "convida" a escoitar este tema orixinal de Elvis Presley e que constitúe a banda sonora do spot navideño da Lotería, nunha versión na que atoparedes moitas caras coñecidas. Penduramos tamén neste espazo unha versión do mesmo tema que foi todo un éxito  nos anos oitenta por parte da banda Pet Shop Boys. Temos un mes por diante para irnos familiarizando con esta canción, e entre todos e todas a ver se somos quen de interpretala para o Festival de Nadal. Fagan as súas apostas...

                        
                
                         You are always on my mind lyrics from satelite1

miércoles, 6 de noviembre de 2013

B.S.O. AMELIE

A banda sonora desta curiosa película francesa é para escoitar unha e outra vez. Fermosas melodías en acordeón ou en piano, que nos trasladan a un escenario parisiense e que nos cautivan. Aí vai unha delas, "Comptine d'un autre ete. L'apres midi, esa cancionciña daquel outro verán ao atardecer, soamente hai que deixar voar a nosa imaxinación. Pero moito coidado, porque pode enganchar... Así lle pasou ao noso compañeiro Martín (4º ESO), que tras escoitala na aula de música, adicou unha tarde enteira ata atopala na Internet. Pois aquí tendes a partitura, para disfrutala aínda máis convertíndonos en intérpretes.




viernes, 1 de noviembre de 2013

O FINAL DA CONTA ATRÁS

Pasaron máis de dúas décadas desde que a banda Europo lanzou este "temazo" que xa habita no noso repertorio colectivo, e que segue tan fesco e tan pegadizo como o primeiro día. A petición de María (4º ESO) penduramos a partitura no noso blogue, a ver quen é o aventurado que se atreve a tocalo en primicia... Haberá positivos



jueves, 3 de octubre de 2013

O VELLO RILO

Sabiades que o nome da aula de música do noso cole é "O Vello Rilo"? Isto é porque esta aula está adicada a un curioso personaxe vinculado á música. Se tedes cusiosidade por saber quen foi esta figura, non tedes máis que ler o artigo "Un lexendario gaiteiro das Mariñas: o Vello Rilo", escrito por Xesús Torres Requeiro e publicado no Anuario Brigantino nº 13 de 1990.