lunes, 24 de noviembre de 2014

EDITORES DE PARTITURAS NOS DISPOSITIVOS MÓBILES

Todo o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela ten coñecemento dalgún editor de partituras (Musescore). Aquí penduramos un vídeo onde poderedes poñervos ao día con aplicacións para teléfonos móbiles que vos permitirán editar e reproducir partituras en calquera momento e calquera lugar, e incluso posibilitan envialas a outros usuarios.

 

martes, 4 de noviembre de 2014

CONCERTO REDE CULTURAL DEPUTACIÓN CORUÑA




O pasado martes 4 de novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular, desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo, os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a famosa canción da Macarena e saíron a bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións.