jueves, 9 de junio de 2016

A MUSICOTERAPIA




      A musicoterapia é una disciplina que consiste en tratar a persoas psicoloxicamente con un método baseado na música (audición, interpretación, creación…). Creo que é un gran método, xa que a psicoloxía pode chegar a ser moi monótona é en casos pouco eficaz. Se a unha persoa lle gusta a música, que mellor método? E se non lle gusta, é a mellor ocasión para que lle colla o gusto. A musicoterapia pode ser un dos métodos menos comúns para tratar problemas psicolóxicos, pero tamén é un método para que a persoa se esqueza por uns instantes dos problemas, e posteriormente se decate que non son tan importantes. 
    Por que este interese na musicoterapia? A min gústame moito a música, pero tamén teño gran interese na rama científico sanitaria, e a musicoterapia paréceme moi interesante; xa que unifica as dúas cousas que máis me gustan. Pero en realidade eu creo que a música, sen nada máis, xa é máis que unha terapia. Ana Pena 

martes, 7 de junio de 2016

WEST SIDE STORY





MAIOS 2016



Xustiños no límite… o último venres do mes de Maio foi o día elixido para celebrar esta conmemoración que da a benvida á primavera (venres 27 de maio de 2016). Coa colaboración de todos e todas conseguimos grande cantidade de fermosas flores que utilizamos para tecer unha alfombra que fai referencia aos 40 anos de historia que está a cumprir o noso centro educativo, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela,  e engalanar unha estrutura cónica típica dos Maios. Contamos con varias actuacións musicais do alumnado de educación infantil, primaria e ESO, figurando no repertorio temas tradicionais como “Amoriños collín” ou o xa coñecida danza de paus que tanto éxito ten entre o noso alumnado. Como broche final a esta celebración entregáronse os premios e diplomas aos gañadores do concurso “Preguntón 2016”, que este ano recaeron en “Grupo de Monfero” (1º premio) e “Los Legales” xunto con “Andrea e Alba” (2º premio).








martes, 19 de abril de 2016

IGNACIO "JACKSON"



Impresionante a actuación do noso compañeiro Igancio (4º da ESO) durante a celebración do Día da Paz, que deixou ao público abraiado co seu baile "Black or White". Agradecemos ao seu profe Fernando o tempo invertido na montaxe deste vídeo tan simpático.