jueves, 9 de junio de 2016

A MUSICOTERAPIA




      A musicoterapia é una disciplina que consiste en tratar a persoas psicoloxicamente con un método baseado na música (audición, interpretación, creación…). Creo que é un gran método, xa que a psicoloxía pode chegar a ser moi monótona é en casos pouco eficaz. Se a unha persoa lle gusta a música, que mellor método? E se non lle gusta, é a mellor ocasión para que lle colla o gusto. A musicoterapia pode ser un dos métodos menos comúns para tratar problemas psicolóxicos, pero tamén é un método para que a persoa se esqueza por uns instantes dos problemas, e posteriormente se decate que non son tan importantes. 
    Por que este interese na musicoterapia? A min gústame moito a música, pero tamén teño gran interese na rama científico sanitaria, e a musicoterapia paréceme moi interesante; xa que unifica as dúas cousas que máis me gustan. Pero en realidade eu creo que a música, sen nada máis, xa é máis que unha terapia. Ana Pena 

No hay comentarios:

Publicar un comentario